Vía Láctea Filmes
GL - ES - CA - EU - EN
Produtora cinematográfica galega

A Esmorga

2014. Longametraxe en Cine Dixital/ Alta Definición (HD). 111 minutos.

Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor do mesmo título.
Actores:
Cibrán (Miguel de Lira), O Bocas (Karra Elejalde), Milhomes (Antonio Durán (Morris).
Rodaxe:
20 de xaneiro ata 27 de marzo 2014.
Lugares de rodaxe:
Provincia de Ourense: Cidade de Ourense, O Carballiño, Ribadavia e Boborás. Provincia de Lugo: Monforte de Lemos, O Saviñao, Ferreira de Pantón. Provincia de A Coruña: Concello de Touro.
Estrea:
Venres, 21 de novembro 2014, nos cines de todas as cidades e vilas.
Venres, 8 de maio de 2015, nos cines de Madrid, Barcelona, Euskadi, Navarra e Illas Balears.

Dirixida por Ignacio Vilar

Web do filme

Vilamor

2011. Longametraxe en 35 mm. Dolby dixital SR. 120 minutos.

Actores:
Breixo (Rubén Riós), Sonia (Sabela Arán), Hermes (Xoel Yáñez).
Rodaxe:
18 de febreiro ata 5 de agosto 2014.
Lugares de rodaxe:
Provincia de Lugo: Os Ancares, Negueira de Muñiz, A Fonsagrada. Asturias: Grandas de Salime
Estrea:
30 marzo 2012 en todas as cidades e vilas. Estrea 17 maio 2013: Cines Filmax Hospitalet del Llobregat (Catalunya)
Premios:
2012: Festival de Cine Internacional para a paz, a inspiración e a igualdade (Xacarta, Indonesia). Galardón á excelencia.
2012: Festival Internacional de Cine de Nova York. Mellor fotografía e mellor banda sonora.
2013: Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego 2013 -- Mellor actriz protagonista (Sabela Arán) e Mellor fotografía (Alberto Díaz Blanco “Bertitxi”)

Dirixida por Ignacio Vilar

Web do filme

Pradolongo

2007. Longametraxe en 35 mm. Dolby dixital SR. 100 minutos.

Actores:
Martiño (Rubén Riós), Raquel (Tamara Canosa), Armando (Roberto Porto).
Premios:
Premio Cidade de San Sebastián 2008. Film Commission. 56 Edición do Festival de Cine de San Sebastián.
Premio Especial na XIII Edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, 2008.
Premio Jerry Goldsmith Mellor Banda Sonora e Mellor Composición Novel, Zeltia Montes. IV Congreso Internacional de Música de Cine Cidade de Úbeda 2008.
Premio “Director’s Choice Gold Medal for Excellence. Park City Film Music Festival. Utah. USA. 2009
Premio Moondance Atlantis Award de la Banda Sonora Moondance International Film Festival de Colorado. (USA). 2009
Premio “Hollywood Music in Media Awards", Pradolongo nominada na categoría "Best New Composer" (Mejor Compositor Novel/ Revelación). Los Ángeles. USA. 2009.
Audiencia:
Unha das películas máis vistas nas salas cinematográficas de Galicia. www.mcu.es ICAA, datos de películas clasificadas
Unha das película que máis DVDs e Blu-Ray vendeu en Galicia.
Unha das películas de máis audiencia da TVG. 31 marzo 2009. Fórmula TV: http://www.formulatv.com/1,20090401,10904,1.html

Dirixida por Ignacio Vilar

Web do filme

Un bosque de música

2004. Longametraxe documental en 35 mm. Dolby dixital SR. 80 minutos.

Un bosque de música describe o traballo do grupo folk de Galicia Luar Na Lubre, a súa paixón pola música de orixe celta e a súa relación con Mike Oldfield.
Estrea:
24 de marzo 2004 Lincoln Center (New York). Estrea nos cines 14 de maio 2004.
DVD á venda 29 de xuño 2004.
Distribuidora: Warner.

Dirixida por Ignacio Vilar

Web do filme

Ilegal

2003. Longametraxe en 35 mm. Dolby dixital SR. 100 minutos.

Dous reporteiros queren realizar o traballo da súa vida, descubrir a mafia que transporta inmigrantes a Europa de forma ilegal.
Rodaxe:
Do 17 de setembro ao 7 de novembro de 2001.
Estrea:
31 de xaneiro de 2003.
Lanzamento en vídeo e DVD: 4 de xuño 2003.
Distribuidora Lauren Films.

Dirixida por Ignacio Vilar


A vangarda histórica galega

2001 / 2002. Serie documental de 13 capítulos de 35 min.

Serie coproducida coa Televisión de Galicia sobre os pintores galegos máis importantes dos anos 30.
Iniciada en 1999 e rematada no 2002.

Dirixida por Ignacio Vilar


A aldea, o antigo e o novo

2000. Documental en Betacam digital de 60 minutos.

O declinar da aldea tradicional en Galicia e o nacemento dunha nova aldea. Estrea o 23 de novembro de 2000 en Lugo.

Dirixida por Ignacio Vilar


Polisóns

1999. Documental en Betacam digital. 40 minutos.

Sobre os polizóns africanos que chegan a Galicia agochados nas bodegas dos barcos.
Estrea:
Estrea na Noche Temática de Televisión Española (La 2) en horario de máxima audiencia, o 30 de xullo de 1999.
Premios:
Premio “Lobo de Cinema” ao mellor documental. A Coruña, 18 de xaneiro de 2001.

Dirixida por Ignacio Vilar


Disonancias

1999. Curtametraxe en 35 mm. 15 minutos.

Elena vive con Fran nas rúas de Pontevedra. Nos cubos do lixo da cidade atopan cousas ás que eles aínda lle atopan utilidade. Un día atopan algo inesperado, unha bolsa negra chea de millóns.
Estrea:
24 de setembro de 1999 en Pontevedra.

Dirixida por Ignacio Vilar


O cambio

1998. Curtametraxe en 35 mm e cinemascope. 15 minutos.

O garda civil Ramón ten un conflito grave co cadro que vixía no museo. Pero o máis grave é que o cadro é o “Guernica” de Pablo Picasso.

Dirixida por Ignacio Vilar


Edipo e Techné

1998. Curtametraxe en 35 mm. 15 minutos.

A reformulación do mito de Edipo á luz dunha nova era da tecnoloxía. A traxedia de Edipo revívese no presente, a través dun angustioso e escuro xogo de ciencia moderna e probabilidade.

Dirixida por Ignacio Vilar


Ignacio Vilar

O director Ignacio Vilar viviu a súa infancia na aldea galega de Castrofolla (Petín de Valdeorras, Ourense, Galicia). Nas noites frías do inverno, arredor do lume da lareira dos seus avós, escoitou historias inmemoriais en galego. A vida na aldea, a relación coa natureza e as historias escoitadas á calor do lume farán espertar e alimentarán logo a súa paixón polo cinema.
Aos oito anos olla por primeira vez un filme e queda abraiado. Para el, a luz que cintila na pantalla é a mesma que reflicte o lume na lareira. O cinema convértese no medio para seguir contando historias. Na adolescencia permanece interno nun colexio da cidade de Ourense. Sae para ollar cinema no cine Xesteira, no Mari, no Principal, no Avenida, no Losada.
Aos dezaoitos anos trasládase a Barcelona e alí, na Universidade Central, funda unha escola de cine, na que se estudan as grandes películas da historia, así como a montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Inicia tamén un proxecto de difusión de filmes polos barrios de Barcelona, polas cidades, vilas e aldeas de Catalunya. Na Filmoteca ten a oportunidade de coñecer o mellor cine do mundo.
En 1989 gaña o Carlos Velo polo guión Ollo Birollo, volve a Galicia e monta a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión. Tamén dirixe ás longametraxes Ilegal (2001), Un bosque de música (2003), Pradolongo (2007), Vilamor (2011) e A Esmorga (2014).

Vía Láctea Filmes é unha produtora cinematográfica galega.
Se queres contactar con nós, mándanos un correo a info@vialacteafilmes.gal ou cubre o seguinte formulario. Contestaremos o antes posible
Vía Láctea Filmes